Taboleiro de Anuncios
Asociación Veciñal Cultural e Recreativa San Mamede de Zamáns
ANUNCIOS -Pilates,luns e mércores 20:30-21:30h, comeza o 2 de febreiro ata 25 de maio. -Cena de rondalleiros, o día 12 de febreiro ás 21h no centro cultural. -Entroido:O martes día 8 de marzo ás 17:30h, animación infantil e concurso de disfraces con premios para os gañadores no auditorio do centro cultural. -Medidas antropométricas( tensión arterial, peso, altura....) para detectar e previr índices elevados de risco cardiovascular, no centro cultural no mes de abril. Para apuntarse, chamar ó 986468039.
ANUNCIOS -Está á vosa disposición un contenedor para reciclar aceite, atópase fóra do centro e pregamos que cada persoa bote dentro do bidón o seu aceite."Non aceites industriais ou de motor,solo de uso doméstico". -Visita a web da Parroquia www.zamans.net -Xa está en funcionamento a biblioteca e a videoteca do Centro Cultural. -Se desexas ter o carné de socio da Asociación, por favor, entréganos a túa fotografía. ********************************** Teléfonos de interés: Centro Cultural: 986468039 Avarías no Alumeado Público:900333365
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
-
NIF:G36691855 Estrada Zamáns, 251 - 36310 Zamáns (Vigo) Tfno-Fax:986 468039 Email: zamans@zamans.org
SOCIO EXTERIOR APELIDOS ,
Estimado Socio/a:
A Xunta Directiva da A.V.C.R. San Mamede de Zamáns, mediante a presente, convócalle á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, que se celebrará o vindeiro venres día 18 de febreiro de 2011, no auditorio do Centro Cultural ás 20:00h en segunda convocatoria, para tratar os seguintes puntos na ORDE DO DÍA:
1.- Lectura e aprobación se procede da acta da asemblea anterior.
2.- Relación de altas e baixas de socios.
3.-Contas do ano 2010.
4.- Xestións realizadas e pendentes no 2010.
5.- Actividades deportivas.
6.- Modificación dos estatutos da Asociación.
7.-Proxectos novos e pendentes.
8.- Pregos e preguntas.
Recordámoslle que é obriga de todos os socios/as asistir ás reunións convocadas de forma axeitada pola Xunta Directiva. No caso de non ser posible a asistencia do socio/a titular á asemblea, éste pode delegar noutra persoa da súa familia, maior de 18 anos. O nome desta farase constar nesta carta, e será presentada á Xunta Directiva ó comezo da asemblea.
Socio: D.N.I.:
Persoa en que delega : D.N.I.:
Firma do socio/a titular:
Zamáns, 4 de febreiro de 2011.
_____________________________________________________
RECIBOS DOS SOCIOS.
O período de pago está comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de marzo, debendo abonar 35€ os recibos familiares e 25€ os unifamiliares, tal e como se acordou na Asemblea do 12 de marzo de 2010. O pago pódese efectuar no centro ou en calquera oficina de Caixanova na conta 2080-0082-41-0040004240.